Feijóo salienta que a apertura da autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade, mobilidade e competitividade de toda a comarca

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade, mobilidade e competitividade de toda comarca.

Durante o acto de posta en servizo, Feijóo incidiu en que esta obra supón o maior investimento que ten en marcha a Xunta nunha infraestrutura viaria: con, practicamente, 56 millóns que se materializan na apertura destes dous treitos, entre Rande e Meira, 7 quilómetros que supoñen máis do 65% do trazado e nos que se rexistran as maiores densidades de tráfico, con case 20.000 coches en época estival; e que antes do verán de 2019 sumarán 4 quilómetros máis, ata o enlace de Cangas, rematando para sempre cos atascos e completando a totalidade do eixe de comunicación que os veciños do Morrazo precisan e agardan.

more recommended stories