Feijóo destaca o traballo e a profesionalidade da policía autonómica en eidos tan importantes como a violencia de xénero, os lumes e o furtivismo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo e a profesionalidade da Policía Autonómica en eidos tan importantes como a loita contra a violencia de xénero, “unha lacra que hai que erradicar”, os incendios forestais, o furtivismo e os delitos contra o medio.