Comeza o acondicionamento do parque de Abesadas na zona lindante co Galaxia

O Concello de Riveira informa dunha actuación dirixida ao acondicionamento do parque de Abesadas na cidade de Riveira.

A obra está sendo desenvolvida pola empresa Arines Obras y Proyectos, S.L e, proseguindo con outros traballos realizados nos últimos anos, está a consistir na substitución do pavimento de zahorra existente por outro continuo natural tipo aripak na zona adxacente co colexio Galaxia.

O mesmo proxecto inclúe o acondicionamento do parque da Tasca en Aguiño. Entre ambos, a inversión ascende a 38.452 euros, IVE incluído.