Galicia entrará na rede de oficinas de educación da Axencia Espacial Europea para fomentar as vocacións científicas

Galicia entrará na rede de oficinas de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) cunha delegación para o noroeste de España, que se abrirá nos vindeiros meses da man da Xunta e da Universidade de Vigo, e co obxectivo de fomentar as vocacións científicas.

Con esta iniciativa a Comunidade sumará os recursos da ESA á vocación e a entrega do profesorado e ao potencial do alumnado. Non en van esta delegación significará mellor formación para os profesores; unha porta aberta para que os rapaces participen nos programas e concursos da axencia e a tradución dos seus materiais educativos ao galego, Asi o anunciou o presidente da Xunta que participou hoxe na inauguración da xornada educativa Stemlab Galicia, onde destacou a oportunidade que supón este evento, a primeira feira que se celebra en Galicia destas características e na que participarán preto de 3.000 alumnos e 18 centros, para facer máis visibles os proxectos de ciencia e tecnoloxía, a creatividade e a capacidade de innovar da comunidade escolar galega. Feijóo destacou que “o noso compromiso é que de aquí ata o 2020 vamos a seguir avanzando no ámbito da robótica, no ámbito da programación, da identidade dixital e da impresión 3D” e dixo que “de aquí ao ano 2020 temos unha estratexia: que en Galicia todos os alumnos, todas as alumnas se poidan formar en robótica e en programación”.