Amparo Cano gaña o VII Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal

O Xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal acaba de fallar a sétima edición deste galardón, “consolidado nacional e internacionalmente, como o evidencia a cantidade e calidade de propostas presentadas nos últimos anos”.

Así o destacou o Xurado tras dar a coñecer o fallo desta edición, “un dos máis difíciles debido, precisamente, ao interese de practicamente todas as propostas presentadas”. Finalmente a gañadora foi, por unanimidade, a candidatura da Dra. Amparo Cano García, catedrática do Departamento de Bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid ( UAM), polo seu “relevante papel no coñecemento da progresión do cancro e as metástases”.