A Oficina Técnica da Seca propón pasar á situación de normalidade en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa

A Oficina Técnica da Seca (OTS) propuxo hoxe volver á situación de normalidade na totalidade da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa unha vez constatada a recuperación do caudal base dos ríos nos 19 sistemas que integran a conca.

Esta foi a principal conclusión da reunión da OTS, presidida polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e na que se analizou polo miúdo o impacto que as chuvias rexistradas nos últimos meses tiveron sobre a evolución dos recursos hídricos de Galicia-Costa, así como no resto de indicadores que xustificaron ata o momento o mantemento da situación de prealerta en todos os sistemas.

more recommended stories