Feijóo destaca o Estatuto, o Parlamento e a solidariedade como os tres piares que fan de Galicia un fogar común sen gretas nin exclusións

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Estatuto de Autonomía, a Cámara galega e a solidariedade como os tres piares que fan de Galicia un fogar común, sen gretas nin exclusións.

Durante o acto de imposición das Medallas do Parlamento de Galicia 2018, Feijóo recordou que o Estatuto de Autonomía é o primeiro piar que sostén o noso país. Un estatuto promulgado hai 37 anos, no que a Galicia do pasado e a Galicia do futuro se deron a man para iniciar unha nova etapa da nosa historia. Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que grazas a un galeguismo integrador e á Cámara autonómica, o modelo galego combina benestar e fraternidade; “é un modelo inclusivo que suma e multiplica, diferente dos que restan e dividen”.
Como segundo piar sobre o que descansa Galicia, o titular do Goberno galego referiuse ao Parlamento, xa que tal e como expuxo, o diálogo entre territorios, entre xeracións, entre ocupacións profesionais, entre visións da sociedade, precisa un foro no que se produza un constante intercambio de ideas.
Nese modelo con patente galega, o responsable do Executivo autonómico incluíu o terceiro dos piares, representado neste acto por Aldeas Infantiles SOS Galicia, Cáritas Diocesana e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

more recommended stories