Feijóo avanza que o pioneiro plan galego de conciliación e corresponsabilidade contará con novas axudas para fomentar a conciliación nas empresas e nas administracións

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do I Plan de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, pioneiro nas administracións autonómicas e que contará con axudas para fomentar a conciliación nas empresas, nas familias e nas administracións, entre outros aspectos e que inclúe un centenar de medidas concretas, entre as xa postas en marcha e outras novas.

Nesta liña, Feijóo destacou a posta en marcha de axudas destinadas a empresas para compensar a redución de xornada das persoas traballadoras con menores ou dependentes ao seu cargo, así como a iniciativa de primar nas contratacións públicas a aquelas empresas que aposten pola conciliación e pola corresponsabilidade. Así mesmo, anunciou a implantación para o persoal funcionario dun permiso adicional de catro semanas que poderá coller a nai ou o pai, e durante o que se percibirá o 75% da retribución. Ademais da paulatina equiparación dos permisos de maternidade e paternidade de forma intransferible, de tal xeito que neste primeiro período de desenvolvemento do plan os permisos de paternidade se incrementarán ata as 7 semanas na Función Pública.

more recommended stories