A Sección Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña confirma o sobreseemento provisional da causa con respecto a Rosario Rodriguez

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña confirma o sobreseemento provisional da causa con respecto a Rosario Rodriguez. A Audiencia desestima o recurso presentado pola familia Quer e entende, do mesmo xeito que o xuíz instrutor, que das dilixencias practicadas ata o momento “non se aprecia a existencia de indicios racionais suficientes respecto de participación da investigada”.