Amicos ofrece dous cursos de formación ocupacional

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial e Atención Temperá que a asociación Amicos xestiona en Ribeira, acompañado polo alcalde da localidade, Manuel Ruiz Rivas e a concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño.

Amicos naceu hai xa 18 anos, dun grupo de pais e nais movidos pola necesidade de crear un centro que atendese de forma profesional as necesidades dos seus fillos e fillas, con graves discapacidades intelectuais.