O concello de Rianxo ten en marcha varias actuacións de mellora de viais e sanemaento con cargo ós plans da deputación.

A piques está de sair a licitación a obra de mellora de asfaltado dende Salto da Auga ata os Gudiños, e o cruceiro, e tamén a pavimentación do vial de Somoza á Igrexa en Leiro. Traballando están para dotar de saneamento varias vivendas no lugar de Somozas, e noutras zonas do municipio.