En marcha as obras de pavimentación e ampliación da rúa Faxinde en Castiñeiras

Xa están en marcha as obras de pavimentación da rúa Faxinde, na parroquia de Castiñeiras.

Esta actuación está sendo acometida pola empresa Canarga en execuxión dun proxecto que inclúe tamén o asfaltado cunha mestura bituminosa en quente dun camiño nos Areeiros que será realizado posteriormente. O orzamento total ascende a 60.289 euros e o prazo de execución de dous meses.

Tocante á rúa Faxinde, a obra inclúe a ampliación de vial e a colocación de tubos salvacunetas para acceder a fincas colindantes, ademais da pavimentación cunha mestura bituminosa en quente e o recrecido das tapas de rexistro.