A Xunta continúa entregando máis equipamento aos grupos de emerxencias e ás agrupacións de Protección Civil galegas

A Xunta continúa entregando máis equipamento aos grupos de emerxencias e ás agrupacións de Protección Civil galegas

A Xunta continúa reforzando e dotando de máis equipamento ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias, coa entrega esta mañá por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de 10 todo terreos pick-ups e 7 embarcacións, seguindo así coa folla de ruta iniciada de colaboración entre Administracións para dar unha mellora resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.
No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Tamén se entregaron 10 vehiculos pik-ups a outros tantos concellos.