Licitada a renovación de pavimento asfáltico e instalación dunha rede de pluviais na rúa Castelao de Aguiño

O Concello de Riveira informa de que se dou luz verde á licitación dunha nova actuación para a renovación do pavimento asfáltico e instalación dunha nova rede de pluviais na rúa Castelao en Aguiño.

O importe da obra ascende a un total de 218.557,50 euros, financiados no marco do Plan POS+ 2017 da Deputación, e o seu prazo de execución é de tres meses. O prazo de presentación de ofertas abrirase unha vez se publique o correspondente anuncio no BOP, previsiblemente esta mesma semana.

more recommended stories