A Unidade Xudicial da Garda Civil recolle mostras na neve de Asados, onde apareceu o corpo de Diana Quer

Esta mañá producíase unha inspección ocular na nave de Rianxo, onde o 31 de decembro aparecía o corpo de Diana Quer. O rexistro realizouse a petición do avogado da familia da moza, Ricardo Pérez Lama. Axentes da UCO e da USECIC, acompañados por 3 guias caninos chegaron a nave as 9:30 da mañá, tras acordoar a zona procederon o rexistro. A inspeccion durou mais de 4 horas, durante este tempo rastrexouse o interior da planta baixa da nave e os arredores da mesma, buscaban restos biolóxico ou de roupa e indicios dun posible forcexo no lugar. Un rastrexo compricado porque a nave foi limpada hai poucos meses. Malia isto recolleronse varias mostras que deberán ser analizadas.