O Partido Popular da Pobra vai presentar unha moción solicitando a dimisión do alcalde Xosé Los Piñeiro e do edil de Servizos Sociais, Miguel Alamancos

R. S. G., alias Nigeira, foi detido pola Garda Civild e Boiro o 9 de xaneiro como presunto autor dun delito de furto de varias ferramentas pertencentes ao concello da Pobra, almacenadas nun local da escola do Camiño Ancho e por valor de 3000€. Unha vez identificada a persoa que figuraba como dona do material, procedeuse á súa detención e xa pasou a disposición xudicial, voltando de novo á mesma vivenda. Agora o voceiro do Partido Popular, Manuel Durán, afirma sentir indignación e vergoña polo acontecido.