O BNG da Pobra reclama o servizo de Normalización lingüística

Dende que no pleno da Pobra de xaneiro de 2017 se aprobara por unanimidade unha moción presentada polo BNG coa finalidade de solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a creación do Servizo de Normalización Lingüística no concello da Pobra a día de hoxe aínda non se dispón de este servizo. Segundo explicaron dende o BNG, a subvención foi solicitada e recibida, tamén se iniciou un proceso de selección de persoal para cubrir este posto, pero nin sequera se chegou a publicar a relación provisional de admitidos e excluídos.