Os ladróns levan un par de semanas actuando na vila de Noia

O último roubo producíase esta mesma semana nun local hostaleiro do centro, o bar Tempus. Malia estar situado na alameda de Noia os ladróns non dubidaron en asaltar o establecemento, fixérono durante a noite, accederon ó local tras romper a porta e dentro fixéronse con uns 400 euros en efectivo mais a recadación da máquina comecartos. A propietaria do local estaba indignada, afirma que en tres meses é a terceira vez que entran a roubar en este establecemento.